Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Mercado da Estrada segue na fin de semana

A ESTRADA. A praza do Concello da Estrada acollía este venres a inauguración do Mercado de Verán. Unha vintena de stands de comercio e artesanía, a maioría da Estrada, reuníronse durante toda a xornada en horario de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas. Continuarán este sábado e tamén domingo, ofrecendo todo tipo de produtos gastronómicos locais como pan, chourizos artesáns, queixo, melindres, bicas, mel, sidra, mosto, zume... Hai asemade roupa, cursos, produtos para cans... A parte dos stands este venres os estradenses e visitantes puideron desfrutar da música de Os Lóstregos e de Supermirafiori. Os máis cativos contaron coa visita de Os Bolechas, e non só iso, senón que tamén teñen un parque infantil con monitores. Non faltan tampouco os sorteos para premiar aos que deciden achegarse ata o mercado. Xa este sábado actuarán Os intrépidos do Ulla e Skanderani. Asemade desenvolverase un espectáculo de maxia en aberto. C.G.

20 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.