Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O PSOE de Valga acusa a Bello de vulnerar os dereitos da oposición

Sae ó paso das críticas do PP polo pleno e din que é falso que non apoien as inversións

    Valga. Os socialistas de Valga fixeron público un comunicado no que saen ao paso das críticas vertidas polo PP polo comportamento da súa portavoz no pasado pleno, ao tempo que tachan de “rotundamente falso” que eles frenen inversións e non apoien que Exgtrugasa se asente no polígono de Cuntis.

    Co respecto o pleno o PSOE acusa al alcalde de vulnerar os dereitos da oposición. “A situación acontecida o pasado venres no pleno vén producida pola reiterada actuación do presidente do pleno durante as sesións. Bello Maneiro vulnera constantemente os dereitos dos concelleiros da oposición, retirando a palabra, interrompendo e cortando as intervencións dos portavoces da oposición. É habitual a falta de respeto dirixindo constantemente insultos á portavoz do noso grupo como maleducada e sinvergonza. Incluso se ten referido a cuestións persoais e familiares, que evidentemente non procedían. Aparte desto emprega a normativa que regula os plenos ao seu antoxo”, dín os socialistas.

    Engaden que o que colmou a súa paciencia foi, especialmente, cando o alcalde, “saltándose a normativa estatal e local impediu a comparecencia da concelleira da Escola de Música, que solicitara o grupo socialista”. arca

    03 mar 2021 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.