Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Reimóndez Portela recae en Pedro Rielo

O escritor gaña o premio de xornalismo por unha serie de cinco artigos nos que aborda temas como o maltrato e a defensa da lingua

O xornalista e escritor Pedro Rielo recolleu onte das mans do alcalde, José López Campos, o XXV Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela. A entrega do galardón fíxose nun acto pechado ao público debido os protocolos da COVID, que se celebrou no recinto feiral da Estrada e que contou coa asistencia do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

Pedro Rielo (Pontevedra 1972), que traballa na actualidade na RTVG, alzouse co premio cunha serie de cinco artigos publicados no semanal do Diario de Pontevedra: A xeito de mensaxe aventado, O bosque: Espello de algoritmos, Unha língua de bandeira, Os invencibles amores do cuco, e Festina lente no tempo adiado. O xurado deste certame destacou a actualidade e trascendencia dos temas elixidos polo gañador, como son a denuncia do maltrato á muller, a reivindicación da lingua galega, o respecto á natureza ou a vida en plenitude (así como o estilo coidado dos seus escritos e a voz íntima e persoal).

O xurado estivo presidido por Juan Manuel Constenla Carbón, e integrado por Victoria Reimóndez Sanmartín, Mª. Del Carmen Vieitez Conde, Enrique Otero Fernández e Juan Andrés Fernández Castro. E exercendo de secretario, José Manuel Bouzas Blanco. Concurriron a esta edición do galardón da Estrada un total de 20 artigos, pertencentes a sete autores, dos que o xurado destacou a variedade e calidade.

Rielo suma o Reimóndez Portela ao III Premio Neira Vilas de novela curta, que gañou coa obra Detrás dos perdidos (Embora, 2019), e ao XV Premio de Narración Curta Concello de Marín.

O Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela é un galardón creado en homenaxe ao médico, escritor e alcalde da Estrada Manuel Reimóndez Portela. Outórgase anualmente na Estrada ao mellor traballo ou serie de traballos publicados en lingua galega, en calquera dos medios de comunicación escritos. A súa entrega soe coincidir coa Feira do Moble de Galicia, que este ano non se celebrou, e ten unha dotación económica de 1.000 euros.

12 dic 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.