Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Os peregrinos valgueses chegaron a Ulla-Umia tras unha nova etapa polo Camiño Portugués

Valga. Os peregrinos valgueses chegaron xa á comarca do Ulla-Umia despois de completar unha nova etapa do Camiño Portugués, a cuarta, entre Pontevedra e Briallos (Portas). Na camiñada a expedición deixou atrás a cidade do Lérez e seguiu a ruta por varios núcleos rurais das parroquias de Alba e Cerponzóns, ata adentrarse na localidade de Barro e, a continuación, Portas, onde se interrompeu a peregrinación ata o vindeiro sábado. A etapa discorreu en paralelo á estrada N-550 –nalgúns puntos coincidente co trazado do Camiño– con tramos de pistas e zonas de monte propias do rural galego. Foron uns dezaoito quilómetros de traxecto, con algúns desniveis, aínda que non grandes.

Restan catro etapas e ao redor de 45 quilómetros para chegar á meta na Praza do Obradoiro de Santiago. Os dous próximos tramos discorrerán pola comarca do Ulla-Umia, atravesando os concellos de Caldas de Reis, Valga (onde se unirán ao grupo outra vintena de persoas) e Pontecesures. A chegada a Santiago está prevista para o 21 de maio e o día 4 de xuño celebrarase unha misa na Catedral concelebrada polos párrocos nados en Valga. arca

03 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.