Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Pan Cervela recupera trigo autóctono para cocer no seu forno de pedra

Non cabe dúbida de que Galicia destaca pola boa comida, e nin que dicir hai que polo seu saboroso pan. E esto en gran parte é grazas aos ingredientes e ao tempo que invis ten os fornos tradicionais, eses que teñen unha longa tradición panadeira ás súas costas. O municipio da Estrada conta cun moi bo exemplo: a panadaría Cervela.

Naceu no ano 1946 como un pequeno negocio familiar, pero o éxito que lle proporcionou o seu bo facer fixo que crecese ata contar na actualidade con oito despachos nas localidades de A Estrada, Cuntis, Santiago, Caldas de Reis e Moraña. A súa central, obradoiro de pan e pastelaría, almacén e oficinas, sitúase na avenida de Pontevedra, concretamente nunha nave de 600 metros cadrados.

Un dos segredos do seu éxito é, en verbas do dono, Benigno Cervela, que recuperaron as variedades de trigo cabeira e callobre. “Hai varios muíños certificados que traballan con estos trigos autóctonos”, sinala Benigno. Ademais conta que o pan que elaboran “fermenta oito horas e empregan fermentos naturais”. Cada día cocen en forno de pedra este produto, un dos máis demandados nos seus despachos, pero non o único. Tamén teñen outros que van dende as súas famosas empanadas de trigo e millo ata unha gran variedade de doces: bica, melindres, roscón de reis, roscas de Pascua, ovos de chocolate, monas de Pascua, orellas, filloas de Entroido, chulas, mazapáns ou ósos de Santo.

Segundo explica Cervela, a forma de facer o pan é toda unha maneira de reivindicar tamén a materia de proximidade e de facer fronte ás típicas barras que venden nos supermercados. Dende logo, e máis nos momentos que se están a vivir, hai que deixar de lado a comodidade e optar polo pan de calidade. Polo ben dos negocios que se esforzan cada día por ofrecer o mellor, e tamén polo ben da propia saúde da poboación.

Na panadaría Cervela os clientes poden optar entre un surtido moi amplo de pan. De feito hai ata corenta variedades, que van dende as máis tradicionais ata outra máis innovadora como o pan de noces, multicereais, baguettes, baquettinas, chapata e especiais para celíacos.

21 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.