Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
Quince alumnos-traballadores participan no obradoiro dual de emprego Os Camiños do Camiño, que se inaugurou onte // Os participantes reciben 740 horas de actividade formativa e cobrarán o salario mínimo interprofesional TEXTO S. E.

Parados de Caldas mellorarán a contorna da antiga Fábrica da Luz

A contorna da antiga central hidroeléctrica de Segade, coñecida como a Fábrica da Luz, foi onte o escenario da inauguración oficial do obradoiro de emprego dual Os Camiños do Camiño grazas ao que 15 alumnos-traballadores se formarán de maneira teórica e práctica en actividades auxiliares en conservación e mellora de montes e en actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinaría ao tempo que realizarán traballos de recuperación paisaxística deste enclave, un dos grandes proxectos do actual goberno municipal.

A iniciativa tamén prevé un módulo especial de mantemento e restauración de obras de pedra natural, a fin de preparar ao alumno-traballador cunha adecuada formación profesional para o emprego que o acredite para o posto de traballo a desempeñar. Tamén prevese que impartan 100 horas de formación complementaria, alcanzando as 740 horas de actividade formativa.

Deste xeito, o obradoiro suporá un dobre beneficio, pois permitiralles aos participantes acceder a un contrato laboral e obter experiencia profesional mentres se desenvolve o proxecto do goberno municipal para mellorar e poñer en valor a contorna da Fábrica da Luz. Nisto foi, precisamente, no que fixo fincapé o alcalde, Juan Manuel Rey, que estivo acompañado na presentación pola delegada territorial da Xunta, Luisa Piñeiro, e polo concelleiro de Medio Ambiente, Manuel González.

“Hoxe é un día para estar moi contentos e agradecidos” afirmou o rexedor “porque con este obradoiro avanzamos nos obxectivos establecidos no eido das políticas laborais e axudamos a que un grupo importante de persoas acceda a un contrato laboral e mellore a súa formación, pero tamén avanzamos no marco das políticas medioambientais e de posta en valor da nosa paisaxe e do noso patrimonio, cuestións que sempre son unha prioridade para nós”.“Esta finca, estas instalacións, foron no seu día un símbolo de modernidade e un exemplo do desenvolvemento industrial comarcal e hoxe –a través deste obradoiro de emprego- queremos recuperar de novo todo o seu esplendor”, indicou o alcalde de Caldas.

Por estes motivos expresou o seu agradecemento á Consellería de Emprego pola concesión dun proxecto “que nos vai axudar a preservar e protexer este ben para poñelo a disposición de veciños, visitantes e da sociedade en xeral”. Aos alumnos Juan Manuel Rey deulles a benvida, pediulles que aproveiten ao máximo esta formación e agradeceulles de antemán “o excelente traballo que de seguro desenvolverán”.

As obras a levar a cabo por parte do alumnado na formación práctica irán dirixidas á recuperación paisaxística dos carreiros da antiga central hidroeléctrica e da contorna da Fervenza de Segade, co obxectivo de que poidan incorporarse de forma segura e adecuada ao esquema de roteiros e espazos públicos do municipio, así como evidenciar a súa importancia como lugar de interese patrimonial e paisaxístico na contorna, xogando un papel fundamental á hora de mellorar a calidade de vida dos cidadáns e atraer turismo de calidade. O plan foi impulsado polo Concello a través dunha subvención de 260.209 euros concedida pola Consellería de Economía.

“É unha forte aposta pola inserción”
{ cortina de humo }
Esperada posta en valor
Sol Elvira

converter a coñecida como a Fábrica da Luz nun enclave turístico é un dos grandes proxectos que o equipo de goberno de Rey leva anos querendo facer realidade, e agora, co traballo e a formación dunha quincena de parados poderá cristalizar. Aínda que actualmente presenta un estado ruinoso, estas antigas instalacións foron todo un referente industrial en Galicia e España. Foi no ano 1898 cando en Segade-Caldas iniciouse un gran proxecto, a posta en marcha da primeira hidroeléctrica de Galicia, instalación que permanecería activa ata 1952. Xa en 2007 se planteou por primeira vez a idea de recuperar a fábrica e o seu entorno, moi castigados polo abandono, como proxecto turístico, e hoxe, trece anos despois, empeza a ser realidade.

13 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.