Pavimentan unha decena de vías na vila da Estrada
A Estrada. As obras de pavimentación dunha decena de vías do casco urbano, adxudicadas á empresa Construcciones Obras y Viales S.A (Covsa) por un importe de 218.641,36 euros, deron comezo no aparcadoiro municipal da rúa Serafín Pazo, situado a carón do Teatro Principal da Estrada. Os operarios traballaron no acondicionamento dun novo acceso ao aparcadoiro pegado á entrada do Principal, co obxectivo de que permita instalar os detectores de vehículos grazas aos que o sistema Smart Parking ofrecerá datos en tempo real sobre as prazas dispoñibles. Nas vindeiras xornadas, as actuacións continuarán en vías do casco urbano estradense. M. R.
04 oct 2022 / 01:00
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en
Mi Correo Gallego.