Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Pontecesures conmemora o 25-N ata o 10 de decembro

Pontecesures. O Concello de Pontecesures ten preparada unha ampla programación para a conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que se desenvolverá ata o vindeiro 10 de decembro. Baixo a lenda Non estás soa, a concellería de Igualdade que dirixe Laura Villar elaborou un amplo programa con actividades dirixidas aos distintos colectivos da vila.

A primeira acción será o reparto de 2.600 discos de estacionamento, editados polo Concello de Pontecesures en colaboración coa Deputación de Pontevedra, coa lenda: “Non á violencia de xénero” sobre unha fotografía nocturna da ponte romana. Así mesmo, o Concello de Pontecesures contactará ao longo desta semana cos distintos locais comerciais e de hostalería do municipio co obxecto de convidalos a participar nunha acción formativa en protocolos de actuación contra a violencia de xénero.

O goberno local organizará asemade unha charla sobre o acceso da mocidade ás redes sociais e métodos de control parental. A parte formativa pecharase cun curso de defensa persoal para mulleres. Desenvolveranse asemade obradoiros de sensibilización e haberá unha caravana morada o 25. c.g.

10 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
25N
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.