Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Pontecesures ponlle cara a Jeremias Montero, alcalde de 1931 ata 1936

PONTECESURES. Pontecesures, grazas a doazón dunha veciña, foi quen de poñer cara e incluír na exposición de alcaldes que se atopa no vestíbulo do concello a Juan Jeremías Montero, que foi rexedor de Pontecesures dende o 5 de xuño do 1931 ata o 29 de xuño de 1936. Sobriño de Eugenio Montero Ríos, foi elexido no 1912 presidente da Juventud Republicana de Santiago de Compostela e alcalde da República en Pontecesures de xuño do 31 ata xuño do 36. Dono de unha fábrica de chocolate en Pontecesures, co golpe de estado foi auxiliar da administración de xustiza en Belchite e no ano 1938 destinado ao Xulgado Especial Xeral de Evasión de Capitais en Barcelona. Coa derrota da República pasou a Francia e exiliouse en México. Casado con Concepción Carles Romero, publicou un libro, El Filo de la Traición publicado en México en 1943. arca

23 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.