Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Portas abertas no CODI de Valga con ánimo de celebrar o Día Internacional da Discapacidade

    Valga. O CODI de Valga celebrou unha xornada de portas abertas con motivo da conmemoración do Día Internacional da Discapacidade. Asistiron os usuarios e as súas familias e, nesta ocasión, tamén membros da asociación Amipa, con sede na comarca do Sar, e que ao igual que Asdivalu traballa a prol da integración das persoas con discapacidade. O alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira Carmen Gómez acompañáronos durante unha mañá repleta de actividades.

    Os actos arrancaron coa proxección do vídeo Un ano cheo de experiencias, un resumo das diferentes actividades que se realizaron no CODI durante o último ano. Fíxose fincapé en explicar as dificultades que afectaron ás persoas con discapacidade durante a pandemia e debido ás restricións e limitacións impostas, e que nalgúns casos resultaban difíciles de interiorizar para eles. Por iso, dende a primavera pasada dende o CODI realizouse un esforzo para compensar ese tempo perdido ampliando o programa de ocio e tempo libre. Finalmente, unha usuaria do CODI deu lectura a un manifesto a prol da plena inclusión das persoas con discapacidade. s. e.

    05 dic 2022 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.