Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Posta a punto do Parque Irmáns Dios Mosquera

VALGA. O Parque Irmáns Dios Mosquera foi este sábado o epicentro das celebracións da XXXII Festa da Anguía e Mostra da Caña do País e, ademais, está de estrea. O recinto municipal foi sometido durante as últimas semanas a tarefas de acondicionamento e renovación dalgunhas das súas infraestruturas, principalmente as de madeira, que se atopaban deterioradas. Instaláronse novas pasarelas para comunicar as dúas marxes do río Valga, a do parque propiamente dita coa da praia fluvial e o seu entorno. Ademais, tamén se repuxeron varias varandas que estaban en mal estado debido a circunstancias coma o paso do tempo, a climatoloxía e o propio uso por parte de veciños e visitantes que teñen neste parque unha das zonas de esparexemento de referencia da contorna e o visitan acotío. Quedan aínda algunhas actuacións pendentes de executar e rematarse, principalmente os baños públicos que se están a habilitar xunto ao Centro de Interpretación da Caña. O interese do goberno local era telos a punto para a festa pero, a pesar do tempo transcorrido dende o comezo da obra, a empresa adxudicataria non puido rematalos, polo que se optou por instalar uns aseos provisionais neste mesmo punto. Ademais, hai que lembrar que a outra ala conta cun edificio de aseos públicos que si están operativos. O Concello pide respecto polo patrimonio. C.E.

28 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.