Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Pouco máis de 15 días para a Feira do Moble

A ESTRADA. Faltan pouco máis de quince días para que A Estrada reciba a trixésimo cuarta Feira do Moble de Galicia. Esta nova edición vén de alcanzar o 100% da ocupación do seu espazo expositivo, no que firmas autonómicas, nacionais e internacionais mostrarán todas as novidades do sector do fogar durante os catro días de duración do certame. Os usuarios interesados en coñecer o mercado actual de mobiliario doméstico e decoración teñen unha cita ineludible do 15 ao 18 de setembro, de 11.00 a 20.00 horas, no Recinto Feiral A Estrada. A maioría dos expositores son de Galicia, pero os visitantes tamén poderán coñecer e deixarse aconsellar por firmas procedentes de Asturias, Madrid, Biscaia, Ciudad Real, Córdoba, Madrid, Toledo, Sevilla, Valladolid, Alicante e mesmo Portugal. Tamén se reuniu o Comité Executivo da Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada para tratar a proposta publicitaria e os orzamentos do 2023. c.e.

31 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.