Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Reclaman á Deputación beirarrúas nas estradas provinciais de Catoira

CATOIRA. Os deputados provinciais do Partido Popular Jorge Cubela, Paz Lago e Javier Tourís, xunto ao concelleiro do PP de Catoira e delegado do Concello para a Xunta, Iván Caamaño, e veciños da zona visitaron as parroquias de Dimo, Catoira de Arriba e Oeste para interesarse pola situación de tres estradas que a Deputación de Pontevedra ten nestas parroquias e reclamar ao goberno provincial que mellore a seguridade viaria. Lembran que nestas estradas xa se produciron varios accidentes con peóns que teñen que camiñar polas cunetas, xa que nin sequera hai beiravías en moitos dos seus treitos. Unha situación alarmante para os populares, “que pon en risco aos veciños cada vez que teñen que desprazarse a pé e que precisa dunha actuación urxente por parte do Goberno provincial”, segundo defendeu Jorge Cubela. arca

27 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.