Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Rielo gaña o premio Reimóndez Portela

O xurado valorou os seus artigos sobre a lingua, o maltrato e a natureza // Vagalume e a Banda da Loba recolleron os San Martiño na Estrada

Pedro Rielo, cunha serie de cinco artigos publicados no semanal do Diario de Pontevedra, foi elixido polo xurado gañador este ano da XXV edición do Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela, que convoca A Estrada todos os anos coincidindo coa celebración da Feira do Moble.

O premio recaeu por unanimidade en Rielo por unha serie de cinco artigos: A xeito de mensaxe aventado, O bosque: Espello de algoritmos, Unha língua de bandeira, Os invencibles amores do cuco, e Festina lente no tempo adiado. O xurado do certame destacou a actualidade e trascendencia dos temas elixidos, como son a denuncia do maltrato á muller, a reivindicación da lingua galega, o respecto á natureza ou a vida en plenitude (así como o estilo coidado dos seus escritos e a voz íntima e persoal).

O xurado, que se reuniu de xeito telemático, estivo presidido por Juan Manuel Constenla Carbón, e integrado por Victoria Reimóndez Sanmartín, Mª. Del Carmen Vieitez Conde, Enrique Otero Fernández e Juan Andrés Fernández Castro. E exercendo de secretario, José Manuel Bouzas Blanco.

O ente cualificador agradece a participación e destaca a variedade e calidade dos traballos presentados a concurso. Concurriron un total de vinte artigos, pertencentes a un total de sete autores.

Por outra banda, onte entregáronse no Teatro Principal da Estrada, nun acto celebrado pola mañá e pechado ao público debido as medidas que esixe a situación sanitaria, os premios San Matiño de Normalización Lingüística

Os galardoados na edición deste ano resultaron o colectivo Vagalumes, que acadou o recoñecemento á difusión da lingua galega na comarca, e por outra banda, o grupo musical A Banda da Loba, no ámbito galego.

14 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.