Santiago
+15° C
Actualizado
viernes, 01 julio 2022
14:02
h

Susana Seivane será a encargada do pregón na celebración do Día das Letras Galegas na Estrada

A Estrada. O concelleiro de Cultura da Estrada, Juan Constenla, anunciou que a gaiteira Susana Seivane será a encargada de dar o pregón, dentro dos actos sobre os que xirará a celebración do Día das Letras Galegas na localidade, que se extenderá os días 16 e 17 de maio.

Segundo consta no programa, as actividades comezarán o luns 16 de maio ás 20.30 horas no Teatro Principal, coa representación da obra Tras os vieiros de Florencio, da compañía Fantoches Baj (con entrada de balde) que amosará a traxectoria persoal e a obra do autor homenaxeado este ano, Florencio Delgado.

Xa o martes 17 de maio, Día das Letras Galegas, ás 12.00 horas na alameda municipal, terá lugar o tradicional acto institucional coa lectura do pregón a cargo da gaiteira Susana Seivane e a ofrenda floral diante do monumento dedicado aos irmáns Valladares, na que participará, entre outros persoeiros, o alcalde da Estrada, José López.

Alí mesmo, a continuación, haberá unha actuación musical a cargo da Banda de Gaitas de Barbude, que pechará a programación dos actos organizados polo Concello para homenaxear á lingua galega. arca

13 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.