Santiago
+15° C
Actualizado
domingo, 20 junio 2021
14:05
h

Torre do Río de Caldas, premiado como mellor hotel rural de España

caldas. O Hotel Torre do Río de Caldas de Reis vén de conseguir o premio Ruralka que o distingue como mellor hotel rural de España. A colección de hoteis Ruralka, que cumpre 19 anos no sector do turismo con encanto, vén de entregar os seus premios anuais nos que se distinguiu o aloxamento caldense como o número 1 entre os 6 hoteis premiados polo seu labor en 2020. A distinción ten en conta a sustentabilidade, a orixinalidade ou o factor de preferencia por parte do viaxeiro. O Torre do Río sitúase en A Baxe, na parroquia de San Andrés de Cesar, moi preto da fervenza e da fábrica da luz de Segade. Atópase nun meandro que forma o Umia e foi construído a través da rehabilitación da que no século XIX fora a primeira fábrica de papel continuo de Galicia, que logo sería unha fábrica de curtidos. O edificio ten un valor patrimonial e histórico moi importante, porén está incluído e protexido no Catálogo de Bens Culturais do PXOM. A instalación fabril sobre a que se asenta tivo unha actividade relevante entre finais do XIX e comezos do XX. O hotel conta con habitacións con vistas ao Umia e aos xardíns nas que o mimo, a decoración e o confort crean unha atmósfera única. Ten piscina natural con cascada e unha ponte de madeira. arca

08 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.