Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Turismo apoiou a mellora e embelecemento dos accesos ás Insuas de Gres en Cruces

O delegado territorial da Xunta visitou onte a zona
e destacou a aposta por potenciar áreas naturais

Vila de Cruces. O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, destacou onte a aposta do Goberno galego pola “dinamización do turismo, a potenciación das zonas naturais e a promoción das contornas rurais” , unha aposta que inscribiu no marco da política xeral da Axencia Turismo de Galicia e que se ve reforzada con motivo deste dobre Ano Santo Xacobeo 2021-2022.

López salientou estas liñas de actuación, que están a espallar investimentos turísticos por toda a provincia, na súa visita á obra de mellora e embelecemento dos accesos ás Insuas de Gres, no Concello de Vila de Cruces, xunto ao alcalde, Luis Taboada. Para elo, contou cunha axuda da Axencia Turismo de Galicia, dependente da Vicepresidencia primeira da Xunta, para acometer a actuación cun investimento de máis de 35.000 euros.

A obra principal consistiu no reemprazo da pavimentación asfáltica existente no acceso á ponte medieval, a contorna da capela de San Xoán de Gres e ás propias insuas co obxectivo de mellorar a imaxe dunha paraxe de gran valor natural. Así, e para buscar unha estética común, procedeuse á substitución da capa de rodadura por adoquíns de pedra do país en cor escura para manter unha unidade cromática coa ponte e os muros do templo. A actuación consistiu na roza e limpeza da zona, a demolición do firme existente, a apertura dunha caixa no solo, o corte da pavimentación e a dotación de lastras en materiais nobres nunha superficie de 265 metros cadrados. Tamén se canalizou de xeito subterráneo o alumeado público, dotándoo de luminarias led, e procedeuse á conexión do saneamento de

augas pluviais á rede existente.

“Dende a Xunta levamos tempo traballando arreo na mellora de todas as infraestruturas turísticas, agora con especial interese nas vencelladas ao Camiño de Santiago por motivos lóxicos, porque estamos moi confiados en que a vacinación fronte á COVID pode facer que, nuns meses, deixemos atrás a pandemia, e o noso Ano Santo sexa o revulsivo socioeconómico que precisamos”, manifestou Luis López. s. e.

06 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.