Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Vagalumes conmemorou cun acto o centenario do xornal ‘El Emigrado’

Colocou unha placa na casa do seu director, Otero Abelleira, o lugar no que se imprimiu

A Estrada. O pasado martes 15 de setembro ás 20.00 horas colocouse unha placa na casa na que se imprimiu o xornal e na que viviu o director de El Emigrado, Xosé Otero Abelleira, para lembrar este acontecemento tan relevante da historia social e cultural do concello da Estrada.

Con este acto, a Asociación Cultural Vagalumes comezou unha xeira de actividades para lembrar un dos acontecementos culturais máis decisivos do pasado do municipio e do país en xeral.

A entidade lembra que o 15 de setembro de 1920 publicouse o primeiro número do xornal El Emigrado da Estrada. O xornal era o froito de décadas de loita pola emancipación das clases populares estradenses que viron a necesidade de ter un órgano de expresión das súas ideas e de información ó servizo da verdade e dos intereses do pobo.

“Foi posible grazas á emigración. Desde Cádiz, Arxentina e, sobre todo, desde Cuba puxeron os cartos gañados a base do propio esforzo dos estradenses desterrados e, en vez de gastalos no seu beneficio particular, acordaron investilos ao servizo do ben común, da súa colectividade, en definitiva, da súa patria, de Galicia”, explica a entidade organizadora do acto. s. e.

19 sep 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.