Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Valga abre o certame de fotografías e de receitas

Valga. Con agosto arranca en Valga un mes no que a gastronomía é a protagonista por excelencia e no que se poñen en marcha novas actividades relacionadas coa anguía e a caña do país: os concursos de fotografía e de receitas, que teñen aberto o prazo de participación ata o día 22.

O certame de receitas ten como obxectivo dar a coñecer a ampla variedade de posibilidades culinarias que ofrecen o peixe do Ulla e a augardente de Valga. Os participantes deben presentar unha receita de cociña na que o ingrediente principal sexa a anguía ou a augardente e enviala ao correo valga.gastronomica@gmail.com acompañada dunha fotografía de calidade do prato finalizado. As propostas presentadas publicaranse nas redes sociais.

No que respecta ao certame de fotografía, trátase de promocionar a anguía e a caña, pero tamén o Camiño de Santiago ao seu paso pola vila. Cada participante poderá presentar un máximo de tres obras, orixinais e inéditas e que non se presentaran con anterioridade a outros concursos ou que foran publicadas en webs ou en medios dixitais ou impresos. C.E.

05 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.