Santiago
+15° C
Actualizado
domingo, 17 octubre 2021
13:15
h

Valga acollerá ‘Cantares’, música de tradición oral

Valga. O auditorio de Valga acollerá vindeiro 18 de decembro unha nova actividade cultural: o concerto Cantares. Tradición oral no Camiño Portugués, que patrocina a Xunta. A intérprete Leni Pérez e o músico Roberto Comesaña ofrecerán un percorrido por esta Ruta Xacobea que discorre por Valga, recollendo parte do patrimonio musical das súas comarcas, vilas e aldeas: cantares propios da tradición oral que Leni Pérez se encargou de seleccionar para este concerto.

O repertorio que interpretarán constará dunha escolma de 15 temas, cunha duración aproximada de 80 minutos. Haberá cantos sobre o ciclo da vida, historias e romances, xotas, muiñeiras e tamén Cantos de Nadal, entre outros. A entrada ao concerto, que dará comezo no auditorio ás 18,00 horas, é gratuíta e o aforo estará limitado a sesenta persoas. arca

11 dic 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.