Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Valga celebra o seu particular festival de Eurovisión organizado polo CRA

Valga. O CRA de Valga organiza, co apoio do Concello e por terceiro ano, o Festivalga Eurovisión, que está aberto á participación de calquera persoa ou grupo, pertencentes ou non á comunidade educativa. O participante só ten que elixir e representar unha canción que formase parte da historia de Eurovisión, Eurojunior ou da preselección do Benidorm Fest.

Despois debe mandar o seu vídeo por WhatsApp ao móbil de cada escola ou ao 605 484 141. Todos os vídeos serán publicados nas redes sociais para que se poida exercer o voto popular. O xurado profesional estará composto por representantes da comunidade educativa do CRA valgués.

O prazo de participación ábrese o día 29 de abril coincidindo co Día Internacional da Danza e finaliza o 10 de maio, na semana do Día de Europa e do festival de Eurovisión. Os gañadores/as serán anunciados nunha gran gala final. Recibirán un trofeo e moitos agasallos. arca

28 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.