Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Valga equipa con emisores de baixo consumo as súas escolas

Adquiriron un total de trece de 1.500 e 1.800 vatios, que colocaron nos 6 centros do CRA

Valga. Coincidindo co regreso ás aulas tras as vacacións de Semana Santa, o Concello de Valga instalou nas escolas rurais do CRA novos emisores térmicos de baixo consumo. Adquiríronse un total de trece emisores, de 1.500 e 1.800 vatios, que foron distribuídos polos seis colexios (Campaña, Vilarello, Ferreirós, Chenlo, Xanza e Forno) en función das necesidades comunicadas pola dirección do CRA, co obxectivo de garantir unha maior confortabilidade térmica en todas as aulas e espazos que se empregan na actividade educativa.

Os emisores teñen corpo de aluminio e incorporan un sistema de alta inercia térmica, o que asegura un rápido quecemento en poucos minutos. Contan, ademais, coa tecnoloxía Real Warm Elements, que reduce a dispersión da calor e mantén un nivel de temperatura constante e homoxénea na estancia.

Os novos radiadores son máis eficientes e necesitan menos enerxía, o que supón un aforro, segundo destacan dende a administración local. Pódense programar (diaria ou semanalmente) grazas ao termostato e non consumen ningún tipo de combustible, polo que son respectuosos co medio ambiente e non xeran fumes nin cheiros.

No referido á seguridade, contan con protección contra o sobrequecemento e tamén con función bloqueo. Ademais, non necesitan mantemento, a súa instalación é sinxela (sobre pés de apoio ou ancorados á parede) e dispoñen de mando a distancia que permite controlar o dispositivo remotamente. arca

21 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.