Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Valga expón dous meses ao publico a modificación do Pxom

O cambio afecta a 5 viais de O Campo, Sixto, Outeiriño, Devesa e As Cernadas

Valga. A modificación puntual número 4 do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) do municipio pontevedrés de Valga exponse ao público durante dous meses, segundo informou o Concello. O anuncio de apertura do período de información pública foi publicado o mércores no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Os responsables municipais explican que a modificación puntual número 4 do PXOM foi aprobada inicialmente polo pleno na sesión celebrada o pasado 17 de agosto. O cambio afecta á ordenación de cinco viais nos núcleos rurais de O Campo, Sixto e Outeiriño (Xanza), Devesa (Campaña) e As Cernadas (Setecoros) para adaptar o sistema viario á realidade xurídica dos terreos, mantendo a súa funcionalidade.

Segundo indican desde O Concello, a aprobación inicial leva parella a suspensión do outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio afectados pola modificación.

ALEGACIÓNS Indicar que o expediente, con todos os documentos que integran o Plan Xera de Ordenación Urbana de Valga, incluído o estudo ambiental estratéxico, está a disposición de calquera persoa que queira examinalo para que presenten as alegacións que consideren pertinentes. Suliñar, finalmente, que a consulta do expediente completo pode realizarse presencialmente nas oficinas do concello e os planos tamén están dispoñibles a través da sede electrónica, segundo indican as mesmas fontes a este xornal. s. e.

18 sep 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.