Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Valga felicita a Josefina Rodríguez Touceda que vén de cumprir 101 anos

VALGA. O Concello de Valga rendeu homenaxe á centenaria Josefina Rodríguez Touceda, veciña do Carballiño (Xanza), con motivo do seu 101 aniversario. Como xa é tradición en Valga, foi felicitada por unha representación do goberno municipal. Neste caso foi o tenente alcalde, Román Castro, e a concelleira de Benestar Social, Begoña Piñeiro, os que a visitaron no seu domicilio para darlle os parabéns en nome de todos os veciños e veciñas do concello, ademais, agasallárona cun ramo de flores e unha torta, na que a centenaria apagou as candeas. Segundo informaron desde o Concello, Josefina Rodríguez Touceda é actualmente a terceira persoa máis lonxeva de Valga, só superada por Hipólito Cerqueiras Pardal, veciño de Moldes, e Regina Grela Fernández, veciña de Campaña, que contan con 102 anos, indican. maría rendueles

14 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.