Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

‘Valga leva nome de muller’ propondrá ás homenaxeadas o 8-M

A iniciativa quere dar visibilidade ao papel feminino na comunicade local

Valga. A tradicional homenaxe ás mulleres de Valga que o Concello organiza cada ano con motivo do Día Internacional da Muller, que se conmemora o vindeiro 8 de marzo, cambia este ano de formato para adaptarse ás circunstancias da pandemia e ás medidas sanitarias en vigor

A concellería de Igualdade organiza a iniciativa ‘Valga leva nome de muller’, na que serán os propios veciños os que propoñan ás mulleres homenaxeadas este ano. Poden participar na actividade todas as persoas que o desexen e que queiran render tributo a unha muller de Valga. Para iso deberán facer chegar ao Concello a súa proposta xunto cunha obra en formato libre (poema, fotografía, relato, audiovisual, retrato, debuxo, etc.) que explique o motivo.

As obras poden presentarse en formato dixital, a través do correo electrónico benestarsocial@valga.gal, ou en formato físico no Centro de Información á Muller, emprazado no CODI. Ademais, cada participante debe cubrir a folla de inscrición e enviala xunto coa súa proposta. O prazo de presentación é do 19 de febreiro ao 1 de marzo. Os participantes recibirán un obsequio e as homenaxes presentadas formarán parte dunha exposición.

Esta iniciativa pretende visibilizar o papel da muller no desenvolvemento da comunidade local. s. e.

26 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
8-M
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.