Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Valga licita
as obras de saneamento en lugares de tres parroquias

As firmas interesadas teñen de prazo ata
o 28 de febreiro para presentar propostas

Valga. O Concello pontevedrés de Valga ven de sacar a licitación un novo proxecto de saneamento que permitirá seguir dotando de rede de sumidoiros a aqueles lugares que aínda non contan con conexión ou acceso ás redes xerai. Lugares, todos eles, que ten que servirse na actualidade de pozos negros ou vertendo en superficie as súas augas residuais, o que pode provocar problemas de salubridade, segundo precisan os responsables municipais.

Neste caso, segundo a información facilitada polo Concello, as obras executaranse nos lugares de Moldes, Vilarello, Cerneira, Forno, Chenlo e Cernadas, en las parroquias de Setecoros, Cordeiro e Valga.

Os trabajos que vanse executar consistirán na colocación de colectores con tubaxe de PVC de 315 milímetros de diámetro, así coma os correspondentes pozos de rexistro e un pozo de bombeo, segundo consta no proxecto.

INVESTIMENTO. Indicar que o iinvestimento que se realizará ascende a un total de 120.661,43 euros con cargo ao Plan Concellos da Deputación e as empresas interesadas teñen de prazo ata o día 28 de febreiro para presentar as súas ofertas.

Segundo explican os responsables municipais, con estas melloras, os residentes nas zonas incluídas no proxecto poderán evacuar as súas augas residuais a través da rede municipal de sumidoiros, eliminando pozos negros e fosas sépticas e evitando posibles focos de contaminación ambiental. arca

07 feb 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.