Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Valga matricula na súa escola de música a pequenos de 0 a 3 anos

VALGA. O Concello de Valga ven de abrir o plazo de matrícula na escola de música municipal que admite alumnos de todas as idades. Así nesta escola los menores de 0 a 3 anos trabállanse as capacidades expresivas, psicomotrices e musicais. Na etapa de 3 a 7 anos, os alumnos poden bailar, cantar e tocar con Música e Movemento, e a partir dos 8 anos a formación inclúe o ritmo musical, entoación e teoría en Linguaxe Musical, ao tempo que se aprende a tocar un instrumento para, máis tarde, pasar a formar parte dalgunha das agrupacións da Escola, entre elas a Banda Municipal. Ademais, tamén se imparten preparación para o ingreso no Conservatorio dos alumnos de Grao Profesional e Música con maiores. As materias que poden cursarse en Grao Inicial son Música para bebés (de 0 a 3 anos), Música e Movemento (grupos de 3 a 6 anos e de 6 a 8), Linguaxe Musical (maiores de 8 anos) e Musicoterapia (alumnado con discapacidade). Nesta etapa, os alumnos tamén poden formar parte das seguintes agrupacións: Coro Peque (de 6 a 12 anos), Banda Peque, Big Band Peque, Agrupación folk, Danza / Ballet, Baile Moderno e Baile Folk. No tocante aos instrumentos, impártense clases de dezaoito diferentes, según o Concello. arca

21 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.