Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Valga mellora a accesibilidade e a sinalización da área de Vilarello

a punto de rematar

Valga. O Concello de Valga está a piques de rematar a execución dun proxecto de mellora da accesibilidade e da sinalización na área recreativa de Vilarello co obxectivo de potenciala como un dos principais recursos turísticos do municipio. Os traballos son realizados pola empresa Construcións Lemos e Martínez e cofinanciados polo Concello e Turismo de Galicia.

As actuacións plantexadas neste entorno van encamiñadas a mellorar a accesibilidade da zona, a súa sinalización, a mellora dos espazos de aparcadoiro existentes e a instalación de paneis promocionais. Nestes momentos estase a finalizar o acondicionamento da área de aparcamento emprazada nas proximidades da cafetería, un espazo duns 243 metros cadrados que tamén fai as funcións de distribuidor e acceso ás diferentes zonas, sendo o primeiro que ven os visitantes cando chegan. Esta zona, ata agora de terra, estase a pavimentar con lastros de pedra para que sexa máis accesible e practicable e minimizar o impacto visual negativo.

Nas inmediacións instalouse unha nova fonte de pedra coa forma da concha do peregrino, unha das iconas do Camiño de Santiago, xa que pola praia fluvial de Vilarello discorre a Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla.

Xa está rematada tamén unha pequena ampliación das bancadas do auditorio ao aire libre que existe nesta área lúdica. O proxecto recolle, ademais, a pavimentación da zona de acceso a este auditorio, cos mesmos lastros de pedra que se empregaron noutras zonas para manter unha uniformidade en canto a materiais.

Para completar a actuación sinalizaranse prazas de estacionamento para persoas con diversidade funcional, instalarase un planímetro con textos e pictogramas en braille coa distribución/orografía da zona, colocarase sinalización direccional e instalarase un panel promocional dos principais recursos turísticos de Valga. s.e.

13 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.