Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Valga opta a recibir 5,6 millóns de fondos da UE

Valga. O Concello de Valga vén de presentar un proxecto á convocatoria extraordinaria dos Plans de Sostibilidade Turística en Destino. A accións que se propoñen diríxense a potenciar o turismo en torno a recursos coma o Camiño de Santiago, o patrimonio mineiro e a enogastronomía. O investimento ascende a 5,6 millóns de euros.

O proxecto, que se financiaría con cargo aos fondos de recuperación europeos Next Generation, ten como accións máis destacadas a rexeneración da antiga mina de extracción de arxila Porto Piñeiro para o seu aproveitamento turístico sostible, a reconstrución da antiga liña de vagonetas entre a Mina Mercedes e o río Ulla e a construción dun complexo de aloxamento e restauración que potencie a economía circular.

Ademais, tamén se proxecta a creación dun Centro de Interpretación da Anguía, rutas de sendeirismo e cicloturistas, a instalación de puntos de recarga para e-bikes e patinetes e a construción de áreas de descanso e miradoiros en torno ao Camiño Portugués e a ruta marítimo-fluvial da Traslatio.

Segundo explican, as accións propostas permitirán deseñar unha oferta complementaria e diversificar o produto turístico local, arca

20 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.