Valga vivirá o 28 de maio a Recreación da Batalla de Casal de Eirigo
valga. Valga recuperará neste 2022 as súas principais citas festivas tras dous anos nos que a pandemia da covid-19 impediu moitas celebracións. A primeira gran cita post-pandemia será a Recreación da Batalla de Casal de Eirigo, que terá lugar o 28 de maio. O alcalde, José María Bello, a tenente alcalde, Carmen Gómez, e o concelleiro de Cultura, Pedro Calvo, mantiveron unha xuntanza con membros da directiva da asociación Heroes de Casal de Eirigo para comezar a perfilar as distintas actividades. Neste encontro déronse os primeiros pasos en cuestións organizativas e expuxéronse as primeiras ideas de iniciativas culturais e lúdicas. A Batalla de Casal de Eirigo tivo lugar no ano 1809 nesta aldea da parroquia de Setecoros, como parte da Guerra da Independencia, e enfrontou aos veciños da zona co exército de Napoleón. arca