Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Vila de Cruces contará con servizo de pediatría desde o venres

O goberno municipal decidiu suspender a manifestación que se convocara para o día 4

Vila de Cruces. O goberno local de Vila de Cruces vén de suspender a manifestación convocada para o día 4 para esixir a reposición do servizo de pediatría. A decisión, anunciada polo edil Julio López, prodúcese tras coñecer que a partir do 3 de decembro o Sergas vai poñer en marcha o servizo, que atenderá en horario de mañá a máis de 400 nenos e nenas que están rexistrados no concello.

“Aínda que o prazo de espera que a Xunta comunicara verbalmente venceu este martes, tras rematar o concurso de traslados a praza de pediatría será cuberta por unha pediatra en horario completo a partir do próximo venres. O tenente de alcalde, Julio López, síntese agradecido pola decisión tomada e espera que estas circunstancias non volvan suceder en ningún outro momento”, din.

O goberno municipal reprocha as palabras mencionadas nalgún medio de comunicación polo Bloque Nacionalista Galego, “onde falta ao respecto ao alcalde e concelleiros/as do grupo de goberno, tinguíndoos de mentireiros e ademais acusándoos de falta de xestión, cando se lles informou da situación dende o primeiro momento, e polo tanto os feitos calan barbas”, indicou o concelleiro Julio López.

“Deberían deixar de usar a demagoxia neste tipo de asuntos e de sacar rédito político de necesidades tan básica como a saúde dos veciños de Vila de Cruces, e poñerse a facer algo máis interesante que desacreditar e faltar ó respecto sen argumentos”, indican finalmente. arca

01 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.