Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Estrada

A Estrada. Os establecementos hostaleiros da Estrada poderán solicitar ata o día 31 de maio a instalación de terrazas na vía pública durante a tempada estival, comprendida entre os meses de xuño e setembro. O concelleiro de Urbanismo, Gonzalo Louzao, sinala que “como consecuencia da recente humanización de varias rúas do casco urbano”, esta tempada “engadíronse novos condicionantes” para a instalación das terrazas.

Deste xeito, todas deberán deixar un espazo mínimo de 1,5 metros libres de obstáculos para facilitar o tránsito peonil, non poderán empregar materiais que deixen marcas ou manchas sobre o pavimento, o mobiliario terá que ser móbil e deberá ser almacenado no interior dos locais fóra do seu horario de uso. Ademais, nas rúas Calvo Sotelo e Justo Martínez, os elementos das terrazas deberán gardar un mínimo de uniformidade.

Os locais interesados deberán cubrir e presentar un formulario no rexistro xeral do Concello, indicando a cantidade de mesas, cadeiras e demais elementos do mobiliario que teñen previsto empregar. Unha vez presentado o escrito, levarase a cabo unha inspección policial para comprobar os datos da solicitude e despois se resolverá. arca

19 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.