Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Xosé Luna guiou ao alumnado da ESO nun percorrido histórico e póetico pola Estrada

A Estrada. O escritor e mestre estradense Xosé Luna Sanmartín exerceu de guía dun percorrido histórico-poético pola vila da Estrada en compaña do alumnado de primeiro curso da ESO do IES número 1 da localidade pontevedresa.

Nesta andaina, a poesía mesturouse con paradas para contemplar e coñecer máis polo profundo recunchos especiais da vila, coma a Praza da Farola, na que os estudantes estradenses posaron para unha foto coa mítica casa do Escobeiro como pano de fondo.

Por outra banda, Xosé Luna presenta este xoves, ás 19.30 horas no Pazo de San Roque de Santiago, a reedición da súa obra Ondó sol facheaba ô amañecer. Vida e obra da Cantora da Ulla Avelina Valladares. En dito acto, o autor estará acompañado polas mestras Noni Araújo, Begoña Porto e Charo Golmar; o alcalde do Concello da Estrada, José López Campos; e o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García.

Así mesmo, no acto programado contarase co acompañamento musical da Coral Polifónica de Berres e Manoele de Felisa, segundo informa a organización. s. e.

17 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.