Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Xunt@s pedirá retirar os nomes en espazos de Cruces de políticos encausados

O grupo no goberno leva tres mocións ao pleno, unha é escoller para Juan Carlos I unha nova denominación

Vila de Cruces. O próximo luns día 29 celebrarase no Concello de Vila de Cruces o pleno ordinario no que nesta ocasión o grupo de goberno formado de Xunt@s Polo Noso Concello, vai a presentar tres mocións, relevantes para a convivencia veciñal. Entre elas, a de cambiar o nome da praza de Juan Carlos I.

Segundo Xunt@s, trátase de decisións de tanta transcendencia que o alcalde, Luis Taboada, e todo o seu equipo de goberno optaron pola fórmula de presentalas como mocións, para consensualas cos demais grupos políticos e promulgar a transparencia nas decisións que afectan a todos e cada un dos cruceños e cruceñas”, explican desde a formación política.

A primeira das mocións presentadas polo grupo do goberno busca cambiar as bases da ordenanza municipal que afecta aos prezos nas reservas na recén estreada pista de pádel municipal, como xa anunciaba na anterior nota de prensa o concelleiro Julio López.

A segunda das mocións fai referencia á proposta do cambio do nome da praza Juan Carlos I, unha decisión que xa foi aprobada a través doutra proposta no anterior pleno cos votos do Bloque Nacionalista Galego a favor e a abstención dos demais grupos políticos. Na moción o grupo de goberno plantexa tres nomes para a súa votación por parte da Corporación.

E finalmente, a terceira moción de Xunt@s Polo Noso Concello é a da retirada de inmediato de todos os espazos públicos de titularidade municipal das placas de inauguración nas que figuran os nomes dos políticos (algúns con causas xudiciais) que están a gobernar en cada momento.

Segundo explican desde o grupo do goberno municipal, esta moción busca “evitar os personalismos e a decencia política, xa que estánpara servir ao cidadán e non para colgarse unha placa e perdurar no tempo”, indican na proposta.

Asimesmo, garanten dende o Concello que mentres eles estean ao fronte, non se porán placas de políticos, como xa foi o caso da inauguración da pista de pádel, que non conta con ningunha que leve o nome do alcalde. arca

27 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.