Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
Un pastor australiano chegado de Asturias alzouse coa 42ª Exposición Internacional e a 96ª Nacional // Competiron mil exemplares de España, Portugal, EEUU e China TEXTO S. E.

A beleza canina triunfa na pasarela de Silleda

Silleda convertiuse na fin de semana na gran pasarela da beleza canina. Foi grazas aos concursos celebrados o sábado e o domingo e que reuniron a mil cans procentes de catro países, España, Portugal, China y Estados Unidos, e a cerca de 150 razas. Unhas competicións que converteron á Feira Internacional de Galicia Abanca en espazo de referencia para o mundo canino, xa que as Exposicións representan a categoría máis alta dentro deste tipo de competicións.

O can de pastor australiano (australian shepherdog), procedente de Asturias, Once In A Lifetime De La Noval alzouse onte como campión da 42ª Exposición Internacional Canina Feira e a 96ª Exposición Nacional Canina Feira Internacional de Galicia Abanca que se disputaron no recinto feiral organizadas pola Sociedade Canina Galega.

O exemplar é o Best in Show de ambas Exposicións, xa que o xulgamento destas competicións é común e, polo tanto, os seus resultados coincidentes nas distintas categorías. O can vencedor pertence a Sonsoles Hevia de la Noval, de Asturias.

Por outra banda, o subcampión foi o scottish terrier Make It Right Dai Hard, propiedade de Pablo Gómez Puertas, de Madrid, mentres que o terceiro posto foi para a femia de akita americano Wolf-Gray The Show Must Go On, de Francisco Javier Ponte Crespo, Madrid.

Estes exemplares foro elixidos como os mellores da Exposición entre 411 cans de distintos puntos de España, Portugal, China e Estados Unido que competiron nas finais da categoría de Adultos, ás cales poden optar tamén os cans con mellor puntuación das restantes categorías, excepto Moi Cachorros e Cachorros.

En canto aos exemplares chinos e estadounidenses, trátase de cans que están a facer campaña en España con participación en distintos concursos e que son presentados por handlers españois, mentres que os cans españois e portugueses son mostrados polos seus propietarios ou handlers nacionais.

Na categoría de Moi Cachorros o vencedor foi o golden retriever Top Pride´s Light It Up Like Dynamite, propiedade de Juan Francisco Asensio Mamone, de Alicante, mentres que en Cachorros gañou o bulldog francés Carpe Diem Bulldog Juethalma, de Juan Luis Gema Castillo, de Málaga. En Xóvenes a gañadora foi a siberian husky Snow Image Karmenta, de Cristian Renes Parra, de Tarragona, e en Veteranos venceu o schnauzer miniatura negro Roke de Santamariñacans, de Francisco José Fernández e Blanca Díaz Treviño, de Pontevedra.

É en Razas Españolas repetiu, respecto á 95ª Exposición Nacional, a femia de presa canario Palmera del Calabazo, de Laureano Álvarez Delgado, de Las Palmas. Recoñeceuse ademais á mellor Parella, conformada polos schnauzer miniatura branco Roko de Santamariñacans e Zeltia de Santamariñacans, de Francisco José Fernández Sáez e Blanca Díaz Treviño, de Pontevedra.

12 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.