Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Comisión lalinense da covid-19 decidiu suspender calquera evento relacionado coas Festas da Virxe das Dores

Non se autorizará tampouco ningunha petición de actividade ou celebración que conleve concentracións de xente // Transladan á Xunta a valoración de novas medidas como reducir do 75% ao 50% o aforo das terrazas

O alcalde de Lalín, José Crespo ven de anunciar, que na reunión da Comisión Municipal do covid-19, celebrada na tarde do luns acordouse, entre outras cuestións “suspender calquera tipo de evento festivo relacionado coas Festas das Virxe das Dores e non autorizar ningunha petición de celebración ou actividade que supoña un incremento da concentración de xente en ningún punto do casco urbano”. Decisión que se tomou por unanimidade dos asistentes ante os potenciais riscos que nas situación de restricións actuais polos rebrotes de coronavirus poden supoñer para a poboación lalinense, máxime comprobando o ocorrido en algunha poboación veciña.

Na xuntanza, na que tomaron parte todos os membros da Comisións agás as médicas do Centro de Saúde por cuestións profesionais, tamén se acordou trasladar á Xunta a petición de realización dunha nova valoración dos aforos das terrazas que neste intre están ao 75% do seu aforo e que dependendo da evolución dos rebrotes poderían quedar ao 50% de capacidade para aumentar distancias sociais entre os clientes e con elo gañar en seguridade para os usuarios.

FEIRAS DO 3 E DO 18. A Comisión e o goberno tamén acordaron a redución das Feiras do 3 e do 18, mentres se manteñan as restricións motivadas pola situación dos rebrotes e ordenada pola Xunta de Galicia. Deste xeito, nas vindeiras feiras quincenais que se celebren mentres non remitan os rebrotes, solo se permitirá a asistencia de postos de produtos de primeira necesidade, basicamente os de alimentación e plantas que son os que xa puideron operar nas primeira semanas da Fase 2 e antes da nova normalidade. Para que estes postos garden as máximas distancias e permitan aos clientes moverse respectando as distancias de seguridade sanitaria.

Con este criterio, goberno e Comisión tamén decidiron manter o funcionamento do Mercadiño do Sábados ao ser de produtos de primeira necesidade e estar mantendo de sobra as recomendación de limitacións de espazos impostas por mor da pandemia.

Tamén na xornada do luns, o alcalde José Crespo e a concelleira de Sanidade, Eva Montoto, participaron nunha xuntanza a varias bandas na que tomaron parte o novo conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, responsables de Sanidade do Sergas e alcaldes da area sanitaria como os de Santiago, Ames, Teo ou o propio José Crespo para a posta en común da situación dos distintos concellos e para avaliar os datos dos rebrotes. A xuntanza irase celebrando periodicamente para abordar as medidas que se están tomando.

DESINFECCIÓN. Por último, a comisión acordou continuar cas tarefas de desinfección que se están a acometer tanto nos colexios como nas rúas do casco urbano ou puntos de alto tránsito do casco urbano como un xeito de manter eses puntos o máis limpos posibles e tamén como xeito de concienciación da cidadanía da situación que se está a atravesar.

A situación epidemiolóxica dos concellos da Área de Santiago será revisada nunha reunión técnica mañán e nunha subcomisión o venres ao remate das cales se trasladará aos Concellos a súa situación de restricións. Tendo en conta este calendario, e que os venres será o último día antes dos catro días festivos da vindeira semana, a Comisión Municipal da covid-19 reunirase de novo o venres para analizar a situación e se procedese adoptar novas medidas complementarias ante as xornadas festivas.

Cómpre recordar que segundo os datos acerca da pandemia que ofrece a Consellería de Sanidade, en Lalín hai neste momento –polo menos– 8 casos activos, os relacionados coa residencia da terceira idade xestionada por DomusVi no concello do Deza. Concretamente son 5 casos entre os usuarios e 3 entre o persoal do xeriátrico –un menos ca onte tras recibir a alta un dos traballadores infectados–.

Situación epidemiolóxica
15 sep 2020 / 17:22
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.