Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A concurso a redacción do proxecto de expropiación no Lalín 2000

O Concello promove o aforro enerxético no estadio de fútbol e no polideportivo Arena

Lalín. A Xunta de Galicia vén de licitar o contrato para a redacción do proxecto de expropiación da modificación do plan de sectorización da cuarta fase do polígono empresarial de Lalín, en Pontevedra, así como o apoio técnico nos traballos necesarios para realizar a expropiación dos terreos, bens e dereitos necesarios para a execución deste ámbito do parque empresarial.

O proxecto de expropiación, ao que a empresa pública Xestur destinará 71.607,21 euros, permitirá adquirir ao redor de 150.000 metros cadrados de solo necesarios para o desenvolvemento da ampliación do parque empresarial Lalín 2000. A ampliación do polígono ocupará unha superficie total de 313.955 metros cadrados, pero Xestur xa é propietaria da máis do 50% dos terreos que ocupará esta futura actuación.

ENERXÍA. Por outra banda, o Concello de Lalín, no marco da estratexia Edusi, está a traballar en diferentes actuacións encamiñadas a mellorar a eficiencia enerxética das instalacións deportivas municipais, de tal xeito que se reduza o consumo de enerxía e se acade un maior aforro enerxético.

Con este obxectivo, xa se renovou a iluminación do estadio Manuel Anxo Cortizo e tamén están previstas melloras na iluminación e no illamento do Lalín Arena. Lalín conta con diferentes instalacións deportivas urbanas que provocan elevados consumos debido aos seus amplos horarios de funcionamento e á intensidade do seu uso. arca

29 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.