Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Encomenda do Cocido incorpora 15 chefs de restaurantes que suman 41 estrelas Michelín

Celebrarase un Capítulo Xeral Extraordinario este luns en Negreira coincidindo cun evento solidario organizado por Casa Barqueiro // O Gran Comendador e alcalde de Lalín, José Crespo, destaca que “esta oportunidade potenciará aínda máis a Lalín como referente gastronómico e axudará a proxectar nacional e internacionalmente o noso cocido”

Lalín. A Encomenda do Cocido de Lalín celebrará o vindeiro luns un Capítulo Xeral Extraordinario na localidade coruñesa de Negreira para distinguir como comendadores/as a unha quincena de cociñeiros/as e “sumilleres” de restaurantes que suman conxuntamente máis de 40 Estrelas Michelín. O Gran Comendador e alcalde de Lalín, José Crespo, explica que este “capítulo extraordinario” é “unha oportunidade que xurdiu con motivo do evento solidario que organiza o Restaurante Casa Barqueiro de Negreira a favor de Cáritas Santiago, coa colaboración do Xacobeo, e que permitiranos potenciar aínda máis a Lalín como referente gastronómico e axudará a proxectar nacional e internacionalmente o noso cocido”. “O nomeamento como comendador non deixa de ser unha distinción simbólica, pero o feito de vincular dalgún xeito a Lalín a varios dos mellores cociñeiros/as de España vainos dar xogo no futuro”, explicou.

En canto á relación de novos comendadores, Crespo avanzou que, agás algún contratempo de última hora, está previsto que sexan: polo Restaurante Arzak (3 Estrelas Michelín), a chef Elena Arzak -filla de Juan Mari Arzak- e o chef de I+D, Ígor Zalakaín); o televisivo chef Jordi Cruz (6 Estrelas Michelín: 3 en ABaC, 2 en Angle e 1 en Atempo); o chef Eneko Atxa (3 Estrelas Michelín en Azurmendi, 1 en Eneko e outra en Eneko Lisboa); o chef Jesús Sánchez (3 Estrelas Michelín no Cenador de Amós); o sumiller Marcos Granda (3 Estrelas Michelín: 2 en Skina e 1 un Clos); os chefs Sergio e Javier Torres (2 Estrelas Michelín en Cocina Hermanos Torres); o chef Nacho Manzano (2 Estrelas Michelín en Casa Marcial); o “sumiller” Valerio Carrera, do Restaurante A´Barra; o chef David de Jorge, colaborador desde hai 20 anos de Martín Berasategui -chef con 12 Estrelas Michelín-; e os galegos Javier Olleros (2 Estrelas Michelín en Culler de Pau), Lucía Freitas (1 Estrela Michelín en A Tafona); Manuel Costiña (1 Estrela Michelín no Retiro da Costiña) e Miguel González (1 Estrela Michelín no restaurante Miguel González).

A maiores, neste Capítulo Xeral Extraordinario, que previsiblemente contará coa presenza do conselleiro de Cultura e tamén Comendador, Román Rodríguez; distinguiranse ademais como comendadores aos anfitrións do evento, Rogelio e Francisco Rial, do Restaurante Casa Barqueiro, e ao empresario Alberto Barciela. A pesares de que a Encomenda do Cocido é unha iniciativa administrativamente descinvulada do Concello de Lalín, José Crespo informou estes días aos voceiros dos distintos grupos da oposición sobre “esta oportunidade de promoción do cocido” para avanzarlles que “non custará un euro ao Concello de Lalín” e agradeceu a “boa receptividade e sintonía, a pesares das diferencias de criterio sobre a Encomenda”.

07 ago 2021 / 18:24
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.