Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Festa do Galo do Curral vaise celebrar o 29 de maio

Vila de Cruces. O Concello de Vila de Cruces vén de anunciar que a XXVIII Festa Gastronómica do Galo de Curral vaise celebrar o vindeiro 29 de maio como era costume. A pandemia da covid obrigou a suspender ou cambiar de data esta festa, que agora recupera o seu selo inicial.

Con este motivo, o responsable de Cultura e tenente de alcalde de Vila de Cruces, Julio López, ten previsto manter sendas reunións cos criadores de Galo de Curral, cos hostaleiros da zona e cos colaboradores para poder potenciar estes produtos entre á máxima afluencia de visitantes e así volver a darlle o prestixio que se merece esta festa gastronómica que tamén busca reactivar a economía local.

O Concello lembra que desde o ano 1993 pódese gozar en Vila de Cruces desta festa que enxalza o Galo de Curral, co interese de promocionar un produto criado de maneira natural e en moitos dos casos ao aire libre, por máis dunha vintena de produtores.

Unha festa gastronómica repleta de actividades culturais e musicais que logra multiplicar por 3 os habitantes de Cruces durante a súa celebración. Neste sentido, Julio López avanzou que haberá grandes sorpresas, con actuacións de artistas de renome e para todos os públicos. s. e.

03 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.