Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 25 junio 2022
03:03
h

A maxia do mundo Disney chegou a Vila de Cruces coa voz de Gisela

vila de cruces. A maxia de Disney concentrouse este mércores, 22 de decembro, no auditorio de Vila de Cruces, coa actuación de Gisela –a voz de Disney en España–. A que fora participante na primera edición de Operación Triunfo foi arroupada por un auditorio cheo ata a bandeira, con mozos e non tan mozos desexosos de

escoitar en directo as famosas cancións das películas de Disney. A artista non defraudou e fixo gozar a todos os espectadores cun

amplo repertorio das súas cancións que soaron en famosas películas como Frozen: el reino del hielo, Encantada: la historia de Giselle, Peter Pan y el regreso al país de nunca jamás ou La bella y la bestia. Julio López supervisou persoalmente todo o evento e fixo un balance moi satisfactorio. Para o edil só bastaba “con ver as caras de ilusión e alegría para entender a maxia de Disney”. m.b.

26 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.