Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A Policía tramitou 1.200 denuncias o ano pasado en Lalín

Os axentes interviron en cincuenta e dous accidentes e fixeron oito mil actuacións

A Policía Local de Lalín interveu no pasado ano nun total de 52 accidentes de tráfico, tramitou 1.200 denuncias e desenvolveu preto de 8.000 actuacións. Así consta no balance feito público pola concelleira de Seguridade Cidadá e Tráfico, Eva Montoto, que destacou o traballo efectuado polo corpo de seguridade “nun ano especialmente complexo no que se incrementou a vixilancia desde que se iniciou a pandemia”.

Dos accidentes de tráfico, seis rexistraron feridos de diversa consideración. Por meses, xaneiro foi o que sumou o maior número (11), seguido de xullo (8) e outubro (6). Tamén durante este 2020 a Policía Local procedeu á detención de 2 persoas por delitos contra a seguridade viaria e superar a taxa de alcohol.

Ademais, o corpo tramitou unhas 1.200 denuncias, das que 810 foron por infraccións ao Regulamento Xeral de Circulación; 86 por infraccións de tráfico que remataron con retirada de vehículos; 267 por denuncias por danos en vehículos, alteración da orde pública e outros; 22 por danos en mobiliario urbano e outras 36 por incumprimento do Real Decreto 463/2020 de 14 de marzo do estado de alarma.

Outras actuacións foron polas medidas de seguridade contra a pandemia, 3.580; colaboración en asistencias servizo 061, 68; chamadas de atención cidadá: unhas 10 diarias; controis de tráfico, 87; control microchip de animais, 472, e 64 chamadas por atención violencia de xénero.

20 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.