Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Abanca renova a colaboración cos criadores de porcino

Silleda. Abanca e a Asociación de Criadores de Raza Porcina Celta (Asoporcel) veñen de renovar o seu convenio financeiro de colaboración que ten como obxectivo proporcionar aos asociados

novas opcións de crédito que lles permitan atender ás súas demandas como produtores e gandeiros. O acordo foi asinado aproveitando a celebración da Feira Internacional Semana Verde polo director de Abanca Agro, Jesús Combarro Pereira, e o presidente de Asoporcel, José Barreira Alonso.

O texto recolle condicións melloradas para o colectivo de criadores que se centran principalmente nas necesidades máis esenciais do sector agroalimentario. Así, os asociados terán acceso a unha conta de crédito para a financiación dos gastos do día a día a un prazo de ata 5 anos que permite un aforro relevante nos gastos de formalización. Os gandeiros e produtores tamén terán acceso a préstamos específicos con amplos prazos de amortización e xuros baixos para financiar os seus investimentos. Ademais, contarán con outros produtos como liñas de comercio exterior, financiamento mediante leasing, confirming, factoring, avais e anticipos de subvencións ou impostos, anticipo PAC ou o préstamo para gastos de campaña. arca

08 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.