Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

‘Acción Laxeiro’ pode visitarse en Lalín ata o próximo 13 de xaneiro

A mostra inaugurouse este sábado e axuda a divulgar a exitosa obra do pintor lalinense

Lalín. A exposición Acción Laxeiro inaugurouse este sábado en Lalín. Está organizada pola Real Academia de Belas Artes en colaboración coa Xunta e o Concello lalinense, e recolle diversos aspectos da relación que o pintor de Lalín, Xosé Otero Abeledo ‘Laxeiro’, e o académico Xurxo Lobato mantiveron.

O acto contou coa presenza do concelleiro de Cultura, Román Rodríguez, quen salientou a importancia de todas as actividades realizadas ao abeiro da programación especial polo Ano Laxeiro ao conseguir divulgar o “excelente traballo de Laxeiro” e contribuír a “levar o nome de Lalín, como berce dalgúns dos persoeiros máis importantes da historia da cultura galega a prestixiosas institucións como a Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, en Madrid, e o Instituto Cervantes de París”.

Neste sentido, afirmou que Acción Laxeiro é unha mostra diferente ao permitir “velo en directo”, xa que parte da retrospectiva inclúe a elaboración en vivo dunha das súas obras nun acto público en Santiago de Compostela a finais dos anos 90.

A mostra poderá verse no Museo Ramón María Aller ata o 13 de xaneiro. Román Rodríguez anima a achegarse, posto que “abrairá a todos os veciños de Lalín”. C.E.

04 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.