Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Adxudican a Veolia a segunda fase da Rede de Calor da vila silledense

O importe dos traballos supera os 150.000 €, e o prazo de execución fixouse en dous meses

Silleda. O Concello de Silleda vén de adxudicar a que será a segunda fase da Rede de Calor con Biomasa, un proxecto pioneiro e respectuoso co medio que abastece de calefacción e auga quente a varias dependencias municipais e privadas dende finais de 2018.

A empresa Veolia Servicios Norte SAU resultou elixida como a mellor oferta das tres que se presentaron ao proceso de licitación. Esta firma é adxudicataria dos traballos por importe total de 151.116,06 euros. O prazo máximo de execución é dos mesmos é de dous meses.

Esta segunda fase, que levará a rede ata a rúa Progreso (á altura da actual casa da cultura) enmárcase na liña de proxectos singulares a entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono, no marco do programa operativo Feder de crecemento sostible 2014-2020 do IDAE. “É unha boa nova para todos os veciños e veciñas de Silleda”, indica o alcalde, Manuel Cuiña, lembrando que dende a súa posta en marcha, a Rede de Calor con Biomasa “demostrou non só ser unha instalación rendible, senón que se converteu nun referente a nivel do Estado.

A día de hoxe a Rede ten as súas instalacións nunha parcela municipal, e abastece de calefacción e auga quente sanitaria a cinco complexos do municipio: á escola infantil A Galiña Azul, ao pavillón deportivo César G. Fares, ao campo de fútbol de Outeiriño, á residencia e centro de día dos maiores e tamén ao Hotel Vía Argentum. C. E.

30 mar 2021 / 18:55
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.