Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

AED e CCA rifan vales no concurso de San Valentín

    lalín. O Centro Comercial Aberto (CCA) e a Asociación de Empresarios do Deza veñen de lanzar un concurso de fotos no que repartirán 350 € en vales de compra, co gallo da chegada do Día de San Valentín, o 14 de febreiro, para contribuír a dinamizar as compras vinculadas á conmemoración desta efeméride. O concurso desenvolverase na páxina de Facebook do CCA de Lalín, a través da plataforma Easypromosapp, e consistirá en subir unha imaxe captada no interior ou exterior do comercio no que se realicen compras ata o vindeiro día 14, amosando na fotografía a bolsa da compra realizada. As tres fotos con maior apoio recibirán premios de 200, 100 e 50 euros. arca

    11 feb 2021 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.