Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Anuncian a rehabilitación integral do CEIP lalinense Xoaquín Loriga

A Xunta prevé licitar en abril unha obra que conta cun orzamento de 600.000 euros

Lalín. A Xunta de Galicia vai acometer unha obra de rehabilitación enerxética no CEIP Xoaquín Loriga, de Lalín, cun investimento de arredor de 600.000 euros, tal e como anunciou onte o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, nunha visita ao centro na que estivo acompañado do alcalde da localidade, José Crespo.

Rodríguez avanzou que esta obra será unha das primeiras actuacións que se van acometer ao abeiro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica que vén de aprobar o Consello da Xunta e que suporá un investimento de 191 millóns de euros nesta lexislatura. Segundo explicou o conselleiro, a través de dito plan “reforzaremos un novo modelo de centros escolares na etapa pos-COVID, con espazos abertos á interacción social, máis flexibles e versátiles, preparados para avanzar na transformación dixital, máis confortables, máis saudables e máis sostibles desde o punto de vista ambiental”.

Os obxectivos xerais do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica vanse recoller no proxecto de rehabilitación integral que a Consellería de Educación vai acometer no CEIP Xoaquín Loriga, e que suporá un aforro enerxético estimado de arredor do 28 % en canto a consumo e do 38 % en canto a emisións de CO².

A previsión coa que traballan é que en abril se liciten as obras, que terán un prazo de execución de tres meses a partir da adxudicación. As actuacións previstas neste centro abranguen a mellora da fachada á que se dotará de illamento térmico, a substitución das cubertas actuais por outras con illamento de lá de roca, a substitución de todas as carpinterías interiores e exteriores e xanelas. Así mesmo, en canto ás melloras funcionais, acometerase a remodelación dos aseos do profesorado e do alumnado, procederase ao illamento acústico das aulas, substituiranse as luminarias por outras de baixo consumo e faranse melloras estéticas como o pulido do pavimento de terrazo. S. E.

21 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.