Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Aproban a renovación das 49 prazas públicas da residencia de Lalín

O Consello da Xunta da luz verde ó acordo ao que destina un importe anual de 910.000 €

Lalín. O Consello da Xunta informou na reunión do xoves da renovación de 49 prazas públicas en residencias de maiores do concello de Lalín, á cal destinará un importe anual de 910.000 euros.

Segundo explican, na actualidade o Goberno galego conta con 148 prazas concertadas neste municipio repartidas entre dous centros residenciais.

A duración do contrato dos traballadores e traballadoras será inicialmente dun ano, prorrogable ata un máximo de cinco. O orzamento base de licitación para o primeiro ano será de 910.000 euros, mentres o valor estimado do contrato para as cinco anualidades ascende a 5,2 millóns.

Desde a Xunta informan que das 49 prazas que saen agora a licitación, trinta e nove irán destinadas a persoas maiores en situación de dependencia, e as dez restantes a usuarios sen grao de dependencia recoñecido.

Lalín conta coa Residencia da Nosa Señora das Dores, DomusVi Lalín e co Hogar Santa Rita como centros para maiores. arca

06 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.