Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
Abellá entregou en Lalín os Maruja Gutiérrez // Ribeira elixiu a sanitarias, Boiro abriu a súa exposición e Noia homenaxeou as incansables praceiras

Área premia a mulleres que deixan pegada

Área envorcouse neste singular 8-M en galardoar e dar visibilidade ás mulleres emprendedoras e traballadoras que deixan pegada nos diferentes concellos.

Deste xeito, no Concello de Lalín a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou na entrega dos galardóns do XV Premio ás Mulleres Dona Maruja Gutiérrez 2021, concedidos ás empresarias Elisa Abeledo Vilar, Sandra Vilar Frade, Carmen Amorín Presas, Mª Carmen Batán Amorín y Miriam López Batan, de Mariany Infantil e a asociación cultural Scene Dance.

En A Estrada, Delia Bustelo Buela recibiu o Premio Honorífico o Labor da Muller Traballadora do Concello, das mans do alcalde, José Lopez. Nada un 8 de marzo, adicou gran parte da sús vida a traballar no sector do comercio, no que rexentaba unha mercería.

En Ribeira, o alcalde, Manuel Ruiz, presidiu o acto co que este ano homenaxeouse ó colectivo profesional das médicas. Nunha conexión telemática interviron a epidemióloga especializada en xénero María Teresa Ruiz Cantero, a xenetista Manuela Gago Domínguez e a oftalmóloga Dora Fernández Agrafojo.

En Boiro, o alcalde, José Ramón Romero, inaugurou a mostra Muller, tradición e baile en Boiro e leuse un manifesto institucional por parte das representantes das asociacións que participan na mostra.

En Noia homenaxearon ás praceiras da localidade. Neste ano tan especial fixérono cun vídeo.

E, finalmente, no veciño concello de Porto do Son encheron os colexios, os negocios e as instalacións municipais de plantas de cor morada para honrar ás mulleres.

09 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.