Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ás obras da rúa Progreso de Silleda optan 5 ofertas

Silleda. O prazo de licitación do proxecto de mellora da mobilidade peonil na rúa Progreso de Silleda rematou a semana pasada cun total de 5 ofertas presentadas. En próximas datas, e unha vez que se reúna a mesa de contratación, o pleno será o órgano encargado do proceso de adxudicación desta obra, cofinanciada entre o Concello e o Instituto para a Diversificación e o Aforro Enerxético (IDAE). O investimento é de 823.841,24 euros.

Esta actuación suporá a humanización de todo o tramo, creando beirarrúas máis amplas, de plaforma compartida e renovando tanto o mobiliario coma o alumeado. Así mesmo, logo de conseguir pechar un acordo con propietarios para crear unha zona de estacionamento público no enlace da Progreso co tramo de Condes do Deza, o Concello segue a negociar con outros propietarios no entorno desta rúa para lograr máis espazos de estacionamento.

Deste xeito, en días pasados responsables municipais visitaron o emprazamento xunto con membros da propiedade para coñecer o estado da instalación e facer unha primeira valoración das melloras a realizar. arca

24 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.