Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Azúcar Moreno actuará na Festa do Galo de Curral de Vila de Cruces

vila de cruces. O Concello de Vila de Cruces vén de pechar a programación da XXVIII Festa Gastronómica do Galo de Curral, que se celebrará o día 29 de maio. O programa ábrese o sábado 28, ás 21.30 horas, co espectáculo musical Gallaecia. Xa o domingo 29, ás 10.30, haberá pasarrúas cos grupos folclóricos O Arco de Merza e Brincadeira de Carbia, e ás 11.30 abrirase a exposición de vehículos Seat 600, da man da presentadora e humorista Lucía Veiga, que dará paso á actuación, ás 12.00, de Broken Peach, e tamén ao pregoeiro deste ano, Marcial Mouzo. O peche espectacular chegará da man de Azúcar Moreno, a partir das 13.30 horas. Xa pola tarde é a quenda para o XXVIII Festival de Bandas de Galicia para o goce de todos os cruceños e cruceñas. Con anterioridade, por suposto poderá degustarse e mercarse o galo de curral. arca

30 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.